Como vén acontecendo dende fai 10 anos, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou o Certame fotográfico “Ollada Atlántica”, no que os participantes captaron a súa visión sobre a cidade herculina. Nesta convocatoria destacamos a fantástica fotografía de Juan Amaro Barreiro, participante na “categoría B”, que coa súa imaxe titulada “Amencer na nosa Torre de Hércules”, resultou gañador do concurso.
Convidámosvos a enviar as vosas fotografías na vindeira edición.
‎ ‎