O pasado venres 21 de febreiro celebramos no noso Centro o acto de clausura do programa «21 Días co Galego e Máis» nesta edición de 2025. Quedan atrás 21 días de diversión, cante, aprendizaxe e moita fala en galego!!!

 

Pero isto non remata aquí! Levamos a aprendizaxe máis importante… a necesidade do emprego diario da nosa lingua, que temos coidala e preservala, xa que forma parte da nosa identidade, da nosa cultura… de todos nós.