Este 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas 2025, dedicado ás cantareiras, mulleres imprescindibles na transmisión da nosa tradición oral e musical. No centro organizamos actividades para poñer en valor o seu legado: cantos populares, obradoiros de pandeireta, exposicións temáticas e moita emoción compartida.

 

Unha xornada para sentir, lembrar e recoñecer ás que fixeron da nosa lingua unha canción eterna. 💙🎤