Último día

 

Despois de 6 intensos días, o alumnado de 4º da ESO e o profesorado dos 4 Centros Grande Obra de Galicia volven á casa coa mochila chea de recordos, aprendizaxes e amizades que xa forman parte da súa historia.

 

No Camiño o importante non é só chegar, senón como se chega e con quen. E nós percorrémolo xuntos, coma unha gran familia.

 

Parabéns a todas e a todos!

 

Remata o noso Camiño a Santiago… pero segue en cada un de nós…

 

#GOAtocha #CamiñoDeSantiago #Educación #Secundaria #Coruña #Galicia #PPSAPT #camiñoGOA #boCamiño

 

 

5ª Etapa

 

🏁 Última etapa: Sigüeiro – Santiago

 

Chegamos. Pero o máis importante é como chegamos.

 

Hoxe os nosos rapaces completaron o Camiño. Tras días de esforzo, convivencia, silencios compartidos e aprendizaxes profundos, chegamos a Santiago. A emoción ao ver as torres da catedral, as apertas, as bágoas, os sorrisos… todo fala dunha experiencia que deixa pegada.

 

Mais esta etapa non rematou na praza. Completámola cunha visita ao Cottolengo do Padre Alegre, onde os nosos mozos coñeceron o que de verdade significa percorrer outro camiño coa fe posta na Providencia. Foi un momento de abrir o corazón, de comprender que o Camiño non remata en un mesmo, senón que se prolonga no servizo.

 

 

 

4ª Etapa

 

Hoxe os nosos rapaces completaron a cuarta etapa do Camiño, atravesando bosques galegos. Foi unha xornada de esforzo e de aprender a escoitar o corazón. Porque aquí non só se camiña cara a Santiago, camíñase cara ao interior.

 

Esta noite descansamos no Colexio de Arzúa Nsrosario Atocha, un espazo que nos acolle e nos permite parar, ollar cara atrás e agradecer. Mañá seguimos, pero hoxe celebramos o vivido.

 

 

 

3ª Etapa

 

Etapa 3: Betanzos – Mesón do Vento.  A máis longa, a máis desafiante… a máis transformadora.

 

Hoxe os nosos mozos e mozas recorreron a etapa máis extensa do Camiño, enfrontando quilómetros de subidas, baixadas e momentos de esgotamento. Pero tamén descubriron algo máis profundo: que o esforzo compartido une, que o silencio do bosque ensina, e que cada paso deixa pegada non só no camiño, se non en eles mesmos.

 

 

 

2ª Etapa

 

Segunda etapa do Camiño a Santiago para o noso alumnado de 4º da ESO.

 

A xornada transcorreu entre Pontedeume e Betanzos con moi bo tempo, deixando atrás unha fantástica convivencia con actividades de cohesión no Colexio «San José» e rematando no Colexio «Nuestra Señora del Carmen» de Betanzos, onde lles agarda un merecido descanso.

 

 

 

1ª Etapa

 

Comeza o Camiño para o alumnado de 4° da ESO dos colexios Grande Obra de toda Galicia.

 

Primeira Etapa Neda-Pontedeume.

 

Bo Camiño aos alumnos e aos docentes que os acompañan!