Educación Infantil

 

🤍💙✍️O alumnado de Infantil do noso cole celebra a figura de Begoña Caamaño coa mellor das súas armas: a risa, o xogo e a liberdade.

 

Fixeron este vídeo cheo de ritmo, música e unhas verbas profundamente inspiradas no universo literario da autora, onde rescatamos a infancia para que sinale o camiño do noso idioma. Porque a ledicia verdadeira ten a pel dura das mudanzas… e a forza de todas as primaveras!

 

 

 

Educación Primaria

Os alumn@s de 1° de Educación Primaria con motivo das Letras Galegas, cóntannos un conto incrible inspirado na biografía de Begoña Caamaño, titulado Begoña e o micrófono de ouro. Esperamos que vos guste moito xa que o traballaron coma uns verdadeiros artistas.

 

Compartimos con todos vós o conto elaborado co motivo deste día tan importante para Galicia:

 

 

 

Educación Secundaria

 

Mañá, 18 de maio, ás 17:30, con motivo do Día das Letras Galegas adicado á xornalista Begoña Caamaño, inauguramos na Biblioteca González Garcés da Coruña unha exposición sobre grandes figuras da historia do xornalismo galego.

 

Esta mostra é o froito dun traballo colaborativo entre varios centros de Escolas Católicas Galicia, entre eles o noso colexio.

 

Agardámoste!