O xurado do concurso anual «Ollada Atlántica» vén de facer público o fallo desta XI edición. As obras presentadas volveron poñer en valor a beleza, a luz e a esencia única da nosa paisaxe costeira.

 

Tras unha deliberación moi complicada polo alto nivel das propostas, os galardóns recaeron nas seguintes obras:

 

Categoría A
Gañadora: Aldara Iglesias Villar
Obra premiada: A maxía está no amencer

 

Categoría B
Gañador: Juan Amaro Barreiro
Obra premiada: Arco da vella na nosa baía

 

Parabéns aos dous premiados polo seu magnífico traballo e o noso agradecemento a todas as persoas que participaron e compartiron a súa particular «ollada» do noso Atlántico. Próximamente anunciarase a data e o lugar para a entrega de premios.