Os nenos e nenas de 1° e 2° de Educación Primaria vivimos unha xornada moi especial en Iñás, onde celebramos o noso particular Magosto, rodeados de natureza e dos nosos compañeiros e compañeiras.

 

Ao longo do día fixemos un montón de actividades divertidas: pintamos árbores con pintura de dedos, creamos as nosas propias variñas máxicas de coidadores do outono e participamos dunha búsqueda do tesouro a contra reloxo.

 

Lucimos uns orixinais colares e unhas pulseiras de castañas que nos prepararon con cariño as nosas familias; comemos, xogamos ao aire libre, exploramos, rimos e gozamos de cada momento.

 

Dende hoxe, o noso compromiso será coidar e respectar a natureza, pois é o noso fogar!