Como peche deste mes de outubro e dentro do noso proxecto de Lingua Galega, os nenos e nenas de 1º de Primaria vivimos unha romaría galega das de verdade!
Con Os da Taberna tivemos música, baile, moitas risas e ata nos animamos a mover o corpo ao ritmo das muiñeiras!
Aprendemos un pouco máis sobre a nosa música tradicional, os instrumentos e os costumes galegos, pero sobre todo… pasámolo en grande!
E, como toda boa festa galega merece, rematamos compartindo unhas ricas castañas asadas.
Un día para aprender, bailar, rir e gozar das nosas tradicións. Porque coñecer as nosas raíces é tamén unha maneira de mantelas vivas, de sentir orgullo da nosa cultura e de transmitila ás novas xeracións.
Grazas aos artistas pola súa colaboración. Estades invitados a volver cando queirades! Foi unha experiencia marabillosa.
Viva o noso Magosto!

