Os alumnos de 5°e 6°de EP, estiveron traballando na materia de Galego sobre as Letras Galegas e a vida e obra da autora homenaxeada este ano, Luísa Villalta.
En grupos cooperativos, traballaron a procura e selección de información, a expresión escrita e oral, ademais da competencia dixital e a social e cívica.
Algúns alumnos de cada clase expuxéronlle a alumnos de 3°de ESO e 3°de EP as súas presentacións feitas con Canva, para favorecer o coñecemento dunha autora tan importante para a cultura galega.