O noso centro participou hoxe, Día internacional das persoas maiores, no acto celebrado no paraninfo da Universidade da Coruña pola Cruz Roja en A Coruña, representado polas alumnas que colaboraron no video realizado entre mozos e maiores e que se presentou no acto de hoxe. Acompañounas a profesora Carmen Abella e a familia dunha das alumnas.

 

Foi unha ocasión para desterrar mitos e comprobar, tanto no parladoiro como no video, que mozos e maiores teñen moito que dicirse e moito no que coincidir, se xeneramos espazos de encontro.