«Non vin vella, nin velliña, nin velliña nin vellón, corre corre cabaciña, corre corre cabazón».

 

Con esta mensaxe da nosa cabaciña, os nenos de tres anos corremos ata a Farmacia Orillamar 54, para ver a decoración do Samaín e de paso levarlles unha manualidade feita por nós.
Blanca e Paula as farmacéuticas, agardaban alí rodeadas de pantasmas, arañas, cabazas… e non só iso… tiña tamén un agasallo para cada un de nós.

 

¡GRACIAS BLANCA E PAULA!