Os alumnos de 1° e 2° de Primaria quixemos celebrar a tradición do Magosto e que mellor maneira de facelo que disfrutando dun día de sol en Iñás.

Aproveitamos que estamos traballando nun proxecto sobre o outono e descubrimos en plena natureza as diferentes cores, apañamos follas, comemos castañas… Incluso fixemos entre todos unhas árbores e uns mouchos que levamos como recordo deste día.

Tamén tivemos unha visita sorpresa moi especial. A gaiteira Sabela Olivares xunto con Suso Bello do grupo @boroamusic viñeron poñer o toque musical a esta festa onde profes e nenos bailamos sen parar. Grazas por acompañarnos no noso Samaín!

#GOAtocha #Samaín #Educación #Primaria #Coruña #TodosSomosISHNM