Hoxe o alumnado de 3º ESO gozou dunha xornada chea de aventura, risas e convivencia en Galipark, con actividades como tiro con arco, circuito en altura, tirolina e laser tag. Foron horas de emoción, retos compartidos e moitos momentos para lembrar.

 

Un día perfecto para pechar o curso convivindo, superándonos e desfrutando xuntos.