Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas e para homenaxear a figura de Luísa Villalta, o noso centro participou no documental «A Coruña de Villalta», promovido polos Equipos de Dinamización Lingüística de Escolas Católicas Galicia.
Luísa Villalta foi unha poeta coruñesa, apaixonada da música e intérprete de violín, polo que a nosa achega combinou ambas facetas. Compartimos convosco a nosa achega ao documental, no que o alumno de 6º de primaria Lucas Peiyang Prieto, recita un poema da autora; e Martín Álvarez, de 3º da ESO e Lucía Iglesias, de 2º de Bacharelato, interpretan ao violín unha das pezas favoritas de Luísa Villalta.
#GOAtocha #DíaDasLetrasGalegas2024 #Galicia #Galego #Literatura #Música #Arte #Educación #Coruña #creCENdoxuntos