Día 1 

Os nosos alumnos e alumnas de 1° de Bacharelato comezaron hoxe a súa semana branca de esquí na Estación de San Isidro.

 

De momento fixeron unha parada na monumental cidade de León visitando a súa catedral antes de poñerse as botas.

 

 

 

Día 2

 

Segunda xornada do alumnado de 1° de Bacharelato na Estación de San Isidro. Hoxe foi a estrea calzando as botas cos esquís ou a táboas de «snow».

 

Unha primeira toma de contacto chea de emoción e esforzo!

 

 

 

Día 3 e 4

 

Despois dun terceiro día de neve e moito esquí do alumnado de 1° de Bacharelato, hoxe chegou o Entroido á Estación Invernal de San Isidro!

 

 

Día 5

 

Último día de esquí na Estación de San Isidro do noso alumnado de 1° de Bacharelato.

 

De volta a casa despois dunha fantástica semana de esquí e convivencia.