Un Camiño que remata, unha experiencia que queda.
Cinco etapas. Moitos quilómetros. Cansazo, risas, esforzo, compañeirismo e momentos que xa forman parte da memoria.
O alumnado de 4º da ESO dos Centros GOA Galicia chegou a Santiago, á Praza do Obradoiro, co obxectivo cumprido e coa sensación de que o importante non era só chegar, senón chegar xuntos.
E como peche deste Camiño, unha visita ao Cottolengo recordounos algo esencial: que camiñar tamén é aprender a mirar aos demais, agradecer, acompañar e estar presentes para quen máis o necesita.
Hoxe queda esta imaxe: todos xuntos, diante da Catedral de Santiago, despois do Camiño.
Unha foto para lembrar os quilómetros percorridos. E, sobre todo, as persoas coas que os percorremos.
Etapa 5 Última etapa: Sigüeiro – Santiago de Copostela
A última etapa, Sigüeiro–Santiago, foi un camiño de emocións:
Os últimos quilómetros cara á Praza do Obradoiro mesturaron cansazo, ilusión e a alegría de chegar xuntos ao final desta experiencia compartida.
Despois, a visita ao Cottolengo puxo o acento na gratitude, na entrega e na importancia de estar presentes para quen máis o necesita.
Ultreia!
#GOAtocha #CPCCPC #CamiñoDeSantiago #Educación #Coruña
Etapa 4 Mesón do Vento – Sigüeiro
A 4ª etapa Mesón do Vento–Sigüeiro foi unha xornada máis de esforzo compartido, de apoio entre compañeiros e de crecemento que fai medrar esta experiencia.
Chegamos a Sigüeiro cansos pero orgullosos, e despois tocou desprazarse ata o colexio de Arzúa, onde descansamos para continuar mañá o Camiño. Ultreia!
#GOAtocha #CPCCPC #CamiñoDeSantiago #Educación #Coruña
Longa 3ª etapa Betanzos–Mesón do Vento.
Foron moitos quilómetros, pero tamén moitos exemplos de esforzo, de compañeirismo e de crecemento persoal.
O Camiño segue ensinando que avanzar xuntos sempre chega máis lonxe.
Ultreia!