Este pasado venres celebrouse en Vigo a MEGAU 2025, que ten como obxectivo homenaxear o estudantado cunha nota igual ou superior a 8,5 na fase xeral da proba de acceso á universidade en Galicia (PAU 2025), así como os centros educativos onde cursaron os seus estudos de bacharelato. Ao acto acudiron como premiados os nosos alumnos Fernando Galego e Iker Romero acompañados por María Osuna, unha das titoras de 2º Bach.

 

 
¡Moitos parabéns aos nosos alumnos!