Educación Infantil
Fixeron este vídeo cheo de ritmo, música e unhas verbas profundamente inspiradas no universo literario da autora, onde rescatamos a infancia para que sinale o camiño do noso idioma. Porque a ledicia verdadeira ten a pel dura das mudanzas… e a forza de todas as primaveras!
Educación Primaria
Os alumn@s de 1° de Educación Primaria con motivo das Letras Galegas, cóntannos un conto incrible inspirado na biografía de Begoña Caamaño, titulado Begoña e o micrófono de ouro. Esperamos que vos guste moito xa que o traballaron coma uns verdadeiros artistas.
Compartimos con todos vós o conto elaborado co motivo deste día tan importante para Galicia:
Educación Secundaria
Mañá, 18 de maio, ás 17:30, con motivo do Día das Letras Galegas adicado á xornalista Begoña Caamaño, inauguramos na Biblioteca González Garcés da Coruña unha exposición sobre grandes figuras da historia do xornalismo galego.
Esta mostra é o froito dun traballo colaborativo entre varios centros de Escolas Católicas Galicia, entre eles o noso colexio.
Agardámoste!

