Non vos podedes imaxinar o que nos pasou hoxe… no patio da Parra, onde se atopa o pequeno xardín, apareceu unha cápsula do tempo do ano 1925. Cremos que o vento e as choivas destes días fixeron que fose desenterrada.

 

Cheos de intriga abrímola con moito coidado. Dentro había unha carta moi antiga escrita por D. Baltasar aos seus nenos do futuro, nela pídenos que investiguemos sobre a súa vida e a historia dos nosos coles da Grande Obra, e así o imos facer… temos que superar cinco retos: o primeiro xa está en marcha!

 

Xa vos contaremos.

 

Os nen@s de Infantil.