Doce alumnos de 6º de Educación Primaria do noso centro participaron na XXIV edición do Rebumbio Matemático, un evento que se celebrou no Forum Metropolitano. Este concurso, que promove o traballo en equipo e a resolución de problemas, foi unha oportunidade para que os nosos estudantes demostraran o seu talento nas matemáticas. Foi unha experiencia enriquecedora para todos e un motivo de orgullo para a nosa comunidade educativa.

 

Noraboa aos nosos compañeiros!