O noso Centro, coa colaboración do ANPA, participa nun proxecto pioneiro que trata de minimizar o aillamento social de alumnos con enfermidades de larga duración.

 

A Universidade de Santiago de Compostela coa súa área #AVTE, mediante o proxecto Avatares #ABILITI, presentáronnos hoxe o avatar que ocupará nas aulas o sitio dos alumnos que non poidan asistir, facilitando o seguimento das clases e sobre todo mantendo o seu espazo físico e a súa socialización cos seus compañeiros.

 

Moitas grazas a Beatriz Cebreiro e Carmen Fernández, responsables do proxecto, pola súa axuda.