Moitos parabéns a nosa exalumna Beatriz Rodríguez, investigadora en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas no CiMUS, que acaba de recibir un recoñecemento e unha axuda Predoutoral de 100.600€ por parte da Asociación Española Contra o Cancro A Coruña para a súa investigación sobre o tratamento do cancro hepático.

 

Moi orgullosos 💚

 

O acto tivo o vernes 22 de novembro na Coruña coa entrega das Axudas á Investigación AECC 2024, cunha inversión de 2,25 millóns de euros para potenciar o talento investigador na loita contra o cancro. 🧪💚

 

🌟 A INVESTIGACIÓN COMO CAMIÑO 🌟