Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria realizaron unha visita ao laboratorio para realizar unha actividade científica moi especial. Durante a sesión, tiveron a oportunidade de observar ao microscopio diferentes tipos de células.

 

O alumnado puido examinar as células da saliva, pertencentes ao grupo das células animais, así como as células dunha cebola, que pertencen ao grupo das células vexetais. Coa axuda do profesor de ciencias e o material adecuado, os rapaces e rapazas puideron apreciar as diferenzas entre ambos os tipos de células, observando as súas estruturas e características a través do potente microscopio.

 

Foi unha experiencia moi enriquecedora que axudou aos rapaces a comprender mellor a importancia destas pequenas estruturas no funcionamento de todos os seres vivos. A actividade, ademais de ser pedagóxica, permitiu aos estudantes vivir na práctica o que aprenden na clase, fomentando a curiosidade e o espírito científico.