O Museo Arqueolóxico da Coruña (Castelo de San Antón) foi o lugar perfecto para que os alumnos de 6º de Educación Primaria realizasen unha visita educativa e lúdica.

 

Durante o percorrido polas súas diferentes zonas, os rapaces puideron gozar dunha experiencia única, descubrindo restos arqueolóxicos de distintas épocas e aprendendo moitos datos curiosos sobre a historia da cidade.

 

Foi un día diferente, cheo de aprendizaxes, onde os nenos viviron a historia de maneira emocionante a través das interesantes explicacións dos guías. Sen dúbida, unha actividade que espertou o seu interese polo patrimonio da Coruña.