Hoxe, o alumnado de 5º de Primaria gozamos dunha xornada chea de diversión na granxa-escola Casa Do Queixo en Grixalba (Sobrado dos Monxes).

 

Participamos en diferentes obradoiros nos que descubrimos todo o proceso de elaboración do queixo; demos renda solta á nosa creatividade nun taller de arxila, creando pequenas obras de arte; e divertímonos con xogos populares tradicionais, recuperando o pracer de xogar en equipo e ao aire libre. Tamén tivemos a oportunidade de coidar e alimentar os animais da granxa, coñecendo de preto como é a súa vida cotiá.

 

Foi un día incrible que non queriamos que rematase!