Na nosa sesión de Titoría de Benestar recibimos a visita de Carmiña, que compartiu co alumnado a súa experiencia tras quedar cega.

Durante o encontro contounos como cambiou a súa vida, as dificultades que tivo que superar e como aprendeu a desenvolverse con autonomía no seu día a día. O alumnado mostrou moito interese e puido facerlle preguntas para coñecer mellor a súa realidade.

Foi unha actividade moi enriquecedora que nos axudou a reflexionar sobre a importancia da empatía, o respecto e a inclusión.

Moitas grazas, Carmiña, por compartir a túa historia connosco!