Metodología

Ao longo dos últimos anos e fiel á filosofía do Fundador Don Baltasar, no noso centro seguimos traballando para dar a mellor formación aos alumnos, preparándoos para o futuro. Os nosos docentes están en formación continua nas máis innovadoras metodoloxías educativas, tendo sempre presente que «O mellor libro do mestre é o Niño” (D. Baltasar)

D. BALTASAR, UN PEDAGOGO DO POBO E PARA O POBO.

Naceu educador. Educou coa palabra, coas súas obras, coa súa persoa e coa súa vida. Quixo edificar a súa obra con solidez e garantía pedagóxicas e se esmeró por contactar cos mellores educadores católicos da súa época. A inspiración pedagóxica da Grande Obra foron As Escolas do Ave María de Granada, do P. Manjón.

Tivo unha visión profundamente relixiosa e cristiá da vida e da súa educación; na consideración integral do neno, como suxeito activo da súa propia formación; no amor á natureza, obra de Dios; na importancia do xogo; e do clima de alegría na escola; no sentido social da educación e no catecismo como materia céntrica da escola…

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Rosario

Actualmente, seguindo as pegadas do noso fundador, as nosas escolas baséanse nas últimas investigacións neurocientíficas e implantan novas metodoloxías que parten da crenza profunda de que cada alumno é intelixente e o seu desenvolvemento depende das oportunidades que lle proporcionemos na escola. Por iso, nos nosos centros está implantado:

O pensamento visible a través de mapas de pensamento, destrezas de pensamento (Robert Swartz), rutinas de pensamento (David Perkins)

Aprendizaxe Cooperativa (irmáns Johnson e Universidade de Vic co programa de cooperar para aprender/aprender para cooperar -P. Pujolá-)

Aprendizaxe baseada en proxectos: interdisiciplinares, de comprensión, individuais e/o grupais

Aprendizaxe experiencial (Deseño Universal de Aprendizaxe)

Estimulación temperá (Glenn Doman)

Aprendizaxe plurilingüe segundo o marco europeo (Castelán, Gallego, Inglés e francés)

Programa de intelixencia emocional atendendo á normativa de Lopivi (Lei de protección á infancia)

Dialogo cultura-fe introducindo espazos de experiencia de interioridade