ANPA – Arzúa

É unha Asociación formada por socios, que son as nais, pais ou titores de alumnos do centro escolar.

  • Colabora co equipo docente institucións para o bo funcionamento da escola.
  • Organiza o servizo de madrugadores
  • Organiza e supervisa o servizo de comedor
  • Organiza e realiza o seguimento das actividades extraescolares
  • Organiza festas (Samaín, Festa de fin de curso….) obradoiros, charlas, saídas culturais…
  • Forma parte con representación propia no Consello Escolar do centro
  • Atende e canaliza as inquietudes ou iniciativas dos pais e nais relacionadas coa escola, a través das institucións escolares, o Consello, os delegados de curso e as comisións.