Historia: Grande obra de Atocha

O Colexio Plurilingüe Nosa Señora do Rosario, coñecido como “Atocha”, foi fundado por Don Baltasar Pardal Vidal en 1950 en Arzúa, na Provincia da Coruña (Galicia):

  • Primeiro, como expresión de gratitude a Deus polas vocacións que xurdiron para o seu Instituto Secular Feminino “Fillas da Natividade de María” da propia Arzúa e das súas parroquias lindeiras.
  • Segundo, por ser esta unha zona eminentemente rural e quería que osnenos do campo galego tivesen a posibilidade de recibir unha esmerada educación e formación catequética.

Por iso, como punto de partida para o ensino da Catequese, abriu unha clase de párvulos e outra nocturna, para xente adulta (ano 1950) . As clases impartíanse nunha vella casa dotada dunha fermosa horta, na Rúa do Carmen, en pleno Camiño de Santiago.

Con moitas dificultades, pero cunha gran ilusión, foise facendo o que na actualidade é o “COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO”, comenzando a sua andadura oficial no ano 1957.

Aos poucos, sen facer ruído, sen grandes manifestacións, pasan por este Colexio Arzuán de “ATOCHA”, moitos nenos e nenas, persoas que, grazas á educación recibida, chegaron a formar familias e fogares felices, preparados para facer fronte á vida que lles tocou ou toca vivir hoxe.