Horario escolar

Horarios de Servicios

Comedor escolar

Libros de texto

Chromebooks

Horario Escolar

Buscamos adaptar el horario lectivo de las distintas etapas educativas buscando el mejor rendimiento académico de nuestro alumnado y a la vez satisfacer la conciliación de las familias.

Educación Infantil e Primaria

Lunes a viernes de 09:20 a 14:20h.

ESO

Lunes: 08:40 a 14:25h y de 16:20 a 18:00h.
Martes a viernes: 08:40 a 14:25

Horarios de servicios

Nosos servizos, tanto administrativos como educativos, disponen dun amplo horario para favorecer a atención das necesidades do nosos alumnos e familias.

Madrugadores

A partir das 7:30 h. hasta la hora de entrada.

Secretaría

De lunes a venres de 9:30 a 12:30 h.

Biblioteca

Lunes y miércoles de 11:00 a 14:30h y 15:30 a 18:00h.
Martes y jueves de 10:00 a 13:30h y 15:30 a 18:00h.
Viernes de 10:00 a 13:30h y 15:30 a 17:00h.

Comedor escolar

O Centro dispón de cociña propia para dar servizo a un comedor escolar en diferentes quendas, atendendo de maneira personalizada alumnos de todas as idades desde os 3 anos.

Consulta o menú do mes

Contamos con profesionais da cociña que cada día achegan a súa experiencia á hora de preparar os pratos, caseiros na súa totalidade, para alimentar aos nosos alumnos. Todos os alimentos pasan por un minucioso control de calidade, ofrecendo diariamente un primeiro prato, un segundo e sobremesa.
O menú está adaptado ás necesidades básicas alimenticias; ademais ofrécese unha variante para alérxicos. A continuación pódese consultar mensualmente o menú.

Libros de texto

No noso centro, utilizamos libros de texto como unha ferramenta de apoio para a aprendizaxe, pero non como a única fonte de información. Cremos que os libros de texto son útiles para presentar os contidos básicos de cada materia, para facilitar o seguimento do currículo e para
avaliar os coñecementos adquiridos. Con todo, tamén somos conscientes de que os libros de texto teñen as suas limitacións, como a falta de actualización, a rixidez, a uniformidade e a falta de atención á diversidade.

Por iso, no noso centro, tratamos de elaborar os nosos propios recursos e materiais didácticos, complementando e enriquecendo os libros de texto con recursos propios, como fichas, actividades, proxectos, vídeos, xogos etc., xa que pretendemos ofrecer ao noso alumnado un ensino máis dinámico, creativa, personalizada e interdisciplinar, que fomente o desenvolvemento das competencias clave e o pensamento crítico. Ademais, ao elaborar os nosos propios materiais, podemos adaptarnos mellor aos intereses, as motivacións, os ritmos e os estilos de aprendizaxe de cada alumno e alumna, así como ás características da contorna e a realidade social.

Por todo iso, no noso centro educativo, combinamos o uso dos libros de texto coa elaboración dos nosos propios materiais didácticos, buscando sempre o equilibrio entre a calidade, a innovación e a diversidade no ensino.

Chromebooks

Durante estes últimos anos os Colexios da Grande Obra de Atocha realizaron un gran esforzo na implementación de novas metodoloxías educativas, e en consecuencia na reforma e adecuación dos nosos espazos e ferramentas dixitais para mellorar o proceso de aprendizaxe dos nosos alumnos.

Dentro deste proceso, desde o curso 2020-2021, no noso centro procedemos á implantación satisfactoria do proxecto “Un por un” que combina a utilización na aula dun dispositivo Chromebook coa Suite de Google Workspace para Centros Educativos e unha conta de correo corporativo de centro para os alumnos, co obxectivo de que todos os alumnos, que así o desexen, a partir de 3º de Educación Primaria conten con este dispositivo Chromebook e a súa conta de correo educativa asociada.

Compra de Chromebooks e licenzas

Desde o noso centro dispoñemos, se así o desexan, dunha oferta para a compra de novos Chromebooks, xa preparados para ser empregados en aula.

Tamén poden comprar a implantación dixital (licenza Google Chrome Education asociada ao noso centro) para dispositivos comprados fóra desta oferta, obrigatoria para xestionar, por parte do noso profesorado, os equipos en horario escolar.