Con motivo do Día da Infancia, o noso alumnado tivo a oportunidade de gozar dunha programación especial organizada polo Concello de Arzúa, que durante catro días nos achegou diferentes propostas culturais ao colexio.
Ao longo da semana, os nenos e nenas asistiron a distintos espectáculos de teatro, música e expresión artística, desfrutando de momentos diferentes e moi especiais.
A programación foi a seguinte:
- Martes 17: “A roda das tres donas”, de A Familia Papaventos.
- Mércores 18: “Chaves invisibles”, de Vero Rilo e Luís Iglesias.
- Xoves 19: “A Casa do Rock: Concerto didáctico”.
- Venres 20: “Onda Sonora. O concerto radiofónico do rap en galego”, de García MC.
Cada unha destas actuacións achegou ao alumnado novas experiencias, combinando diversión, música, teatro e aprendizaxe. Foron catro xornadas nas que puidemos descubrir, escoitar, participar e, sobre todo, gozar da cultura.
Desde o noso colexio queremos agradecer ao Concello de Arzúa por contar co noso alumnado e ofrecernos esta oportunidade de vivir a cultura dunha maneira tan próxima e especial.
Unha semana diferente para celebrar o máis importante: a infancia!

