Como cada ano, cando se achega o Nadal, o noso colexio recibe unhas visitas moi especiais… Xa están aquí Federico, Tomás e Sofía! ✨
Os tres paxes dos Reis Magos regresan para encher os nosos días de ilusión, misterio e algunha que outra trasnada. E é que estes tres personaxes tan especiais non veñen simplemente de visita: chegan cargados de sorpresas, xogos, retos e misións que poñen a proba a imaxinación e a ilusión de todo o alumnado.
Cada día pode agardarnos unha nova aventura: unha travesura inesperada, unha mensaxe misteriosa ou unha misión que teremos que resolver entre todos. Nunca sabemos que estarán argallando Federico, Tomás e Sofía, pero temos claro que a diversión está asegurada!
Con eles, os corredores do cole énchense de maxia e a conta atrás para a chegada dos Reis Magos faise aínda máis emocionante.
Así que… ollos ben abertos, moita atención e, sobre todo, moita ilusión!
Benvidos de novo, Federico, Tomás e Sofía! Que comece a maxia do Nadal! ❤️✨

