O alumnado de 4º de Primaria participou nunha actividade creativa empregando a cortadora láser de Polos Creativos. Primeiro, deseñaron no ordenador diferentes pinturas rupestres inspiradas na Prehistoria e, posteriormente, realizaron os seus traballos coa cortadora láser.

Con esta actividade puideron combinar arte, creatividade e novas tecnoloxías, aprendendo dunha maneira práctica e divertida.