Onte o noso centro recibiu a visita dun grupo de voluntarios de Manos Unidas, que ofreceron unha charla dinámica ao alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil e 4º de Educación Primaria.
Durante a sesión explicaron, dun xeito participativo e adaptado ás idades, o labor solidario que realiza a organización en diferentes partes do mundo, promovendo valores como a solidariedade e a importancia de axudar ás persoas que máis o precisan.

