Esta semana, o alumnado do colexio tivo a oportunidade de facer diferentes saídas. O alumnado de infantil e primeiros cursos de primaria, desfrutaron no Auditorio de Galicia dunha obra teatral acompañada pola Real Filarmónica de Galiza. Por outro lado, o alumnado de quinto e sexto curso tivo a oportunidade de participar no programa, Entellate, para coñecer a industria da cerámica galega.
Dúas experiencias moi diferentes pero moi enriquecedoras, as cales desfrutaron.
#nsrosarioatocha #educación #hijasdelanatividaddemaria #Arzúa #TodossomosISHNM.