Servizos
Etapas educativas
A Grande Obra de Atocha é un colexio relixioso concertado, ofrecemos unha educación plurilingüe para alumnos a partir de 3 anos ata Educación Secundaria Obrigatoria
Niveis concertados
- 4º, 5º, 6º de E. Infantil (2º Ciclo)
- E. Primaria
- ESO
- Aula de Educación Especial
Secretaría
Atención ao público: atende as chamadas telefónicas, proporciona a información que se lle solicita e tamén se ocupa de centralizar os datos referentes dos alumnos e as súas familias.
Asuntos administrativos: ocúpase de todos os temas relacionados coa vida académica: matriculacións oficiais, altas, baixas, certificados, seguro escolar, envíos, publicacións, recibos, expedientes académicos, direccións, inscricións en comedor e autobús etc.
+ información
A atención presencial de secretaría é no seguinte horario:
De luns a venres de 9:30 a 13:30 h.
Para contactar coa Secretaría do Centro:
Teléfono: 981501393 / 689102521
E-mail: direccion.nsrosario@ishnm.com

Departamento de orientación
É un equipo multidisciplinar integrado por diferentes especialistas no ámbito educativo, o seu principal obxectivo é apoiar o labor do centro e do conxunto do profesorado en todas aquelas actuacións encamiñadas a asegurar a formación integral do alumnado e á adaptación dos procesos de ensino aprendizaxe ás características e necesidades de todos os alumnos e alumnas.
Comedor escolar
O Centro dispón de cociña propia para dar servizo a un comedor escolar en diferentes quendas, atendendo de maneira personalizada alumnos de todas as idades desde os 3 anos.
+ información
Contamos con profesionais da cociña que cada día achegan a súa experiencia á hora de preparar os pratos, caseiros na súa totalidade, para alimentar aos nosos alumnos. Todos os alimentos pasan por un minucioso control de calidade, ofrecendo diariamente un primeiro prato, un segundo e sobremesa.
O menú está adaptado ás necesidades básicas alimenticias; ademais ofrécese unha variante para alérxicos. Pódese consultar mensualmente aquí na propia páxina web do Centro.
Os alumnos que desexen facer uso deste servizo poden solicitalo na Secretaría do Centro, así como solicitar as bolsas comedor nos períodos marcados pola administración pública.
Biblioteca
Continuando coa tradición do seu fundador, A Grande Obra conta cunha nutrida biblioteca con volumes que datan do século XVIIIA biblioteca non só se limita ao préstamo de libros, trátase dun lugar de encontro, adecuado ás necesidades actuais dos alumnos, o que o fai un centro neurálxico da escola.
Contamos co: O Recuncho de Bookie, o noso pequeno gran recuncho! Un laboratorio de aprendizaxes. A nosa biblio é un espazo inclusivo, para todos, polo que cada un de nós pode atopar materiais adaptados ás nosas necesidades: libros de texto, dixitais, material manipulativo, material construtivo, mesa de luz… E ademais podemos usalos nela ou levalos para a aula ou a casa. Tamén se pode xogar, ver pelis, facer debates e tertulias…
+ información
Para contactar co servizo de Biblioteca:
E-mail: bookiemascota@gmail.com
Facebook: O Recuncho de Bookie https://www.facebook.com/bookie.atochaarzua/?locale=es_ES
Transporte escolar
O colexio consta dunha línea de autobús que fai a ruta de Melide a Arzúa.

Servizo madrugadores e servizo de ALMORZO
Un dous principais obxectivos do Centro é proporcionar aos pais as máximas facilidades para poder compatibilizar o seu horario de traballo co horario escolar dos seus fillos.
O «Servizo de madrugadores» ofrece a posibilidade de deixar aos nenos na escola a partires das 7:30 h ata a hora de entrada. Consta, do «Servizo de almorzo»; o cal é un servizo gratuíto para aqueles nenos que teñan outros servizos contratados.
Actividades extraescolares
Noso colexio dispón dunha ampla oferta de actividades extraescolares para todas as idades en horario de tarde de outubro a maio.
+ información
Cada ano ofrecemos unha gran variedade de actividades, sempre tratando de adaptarnos aos intereses e necesidades dos nosos alumnos e seus familiares. Podes consultar aquí la oferta para este curso escolar.
Actividades mes de Xullo
Unha vez finalizado o curso, e sempre coa idea de dar aos pais as máximas facilidades para poder compatibilizar o seu horario de traballo co horario vacacional dos seus fillos, poñemos á súa disposición as actividades en horario de mañá que conforman o noso Campamento de verán.
+ información
Desde as 9:30 da mañá ata as 13;30 h os nenos son atendidos no colexio por persoal do Centro.
Aprenden xogando e gozan de actividades moi variadas.A reserva de praza pode facerse efectiva na secretaría do Centro.

Servizo médico
O colexio oferta a posibilidade de contratación dun seguro específico que cubra os riscos derivados de actividades escolares propiamente ditas.
+ información
