Onte, no noso centro educativo, celebramos unha xornada moi especial na que se uniron tres conmemoracións significativas: o aniversario do neno de Uvas e Espigas, o Día das Letras Galegas e o Día das Familias.
Ao longo do día, o alumnado participou en diversas actividades relacionadas con estas celebracións, deseñadas para achegarlles aos valores culturais, literarios e familiares que representan. Os nenos e nenas desfrutaron de propostas lúdicas e educativas adaptadas ás distintas temáticas, nun ambiente festivo e participativo.
Ademais, o centro contou con colchonetas e espazos de xogo que fixeron da xornada unha experiencia aínda máis divertida para os máis pequenos.
Un dos aspectos máis destacados foi a participación activa das familias, que se implicaron nas actividades compartidas, contribuíndo a crear un contorno próximo, acolledor e cheo de convivencia.
Desde o centro queremos agradecer a colaboración de todas as familias e a implicación da comunidade educativa, que fixeron posible un día tan especial e enriquecedor para todos.

